publicidade hoxe

As obras de ampliación do CEIP Sada y sus Contornos elevan o investimento da Xunta no centro a 1 millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSada
A-
A+
Xesús Vázquez na visita ao centro

Xesús Vázquez na visita ao centro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Sada y sus Contornos para comprobar como avanzan as obras que se están a realizar no centro desde mediados deste mes de xullo, e que suporán un investimento de máis de 680.000 euros grazas ao que é posible satisfacer a antiga demanda de ampliación deste centro . Os traballos, teñen previsto o seu remate en decembro, dando resposta ás necesidades do centro e supoñendo o cumprimento do compromiso adquirido pola Consellería coa comunidade educativa do concello de Sada.

Segundo explicou Xesús Vázquez a ampliación que se está a realizar eleva o investimento da Consellería neste centro se eleva a preto de 1 millóns euros, ao abeiro do que o centro conta con 2 aulas Abalar, se contribuíu á mellora da biblioteca do CEIP e se realizaron diferentes obras. Respecto destas melloras, o conselleiro lembrou que desde o ano 2009 se realizaron traballos de substitución da estrutura do teito e dos canalóns, así como de construción dos taboleiros e listóns que forman os faldóns da cuberta. Ademais, cambiouse o illamento térmico baixo a cuberta, substituíuse esta por outra de tella cerámica e os paneis do falso teito e perfís que o soportan. Así mesmo, realizáronse diversas melloras no pavimento e instalacións do centro.

Durante o seu percorrido polo centro o titular do departamento educativo da Xunta estivo acompañado polo director do centro, Miguel Ángel Gayoso; e polo alcalde de Sada, Ernesto Anido, entre outras autoridades e persoal responsable da obra. O conselleiro lembrou ademais os fortes investimentos que o seu departamento está a realizar en centros educativos de toda Galicia, que se achegan aos 50 millóns de euros no período 09/13. “Ademais, neste momento están en execución ou licitación obras por importe de 25,6 millóns de euros”, explicou.

Un aulario para 125 escolares

A ampliación do CEIP Sada y sus Contornos consiste na construción dun aulario nunha única planta con capacidade para 125 alumnas e alumnos, aproveitando o desnivel da parcela para utilizar a cuberta do novo volume como zona de patio de xogos. A nova edificación- cunha superficie construída total de 498,80 m²- albergará 3 aulas de educación infantil, 2 aulas de primaria e 1 aula de apoio-ANPA, ademais dos servizos comúns correspondentes e o local de instalacións.

Ademais, estase a reformar a zona de aseos da planta soto do edificio existente co fin de crear unha conexión directa entre este e a ampliación. Por último, para mellorar a imaxe do conxunto e poñer en valor o edificio modernista, cambiarase o peche existente na fachada cara o porto deportivo por outro máis permeable que permita ver a fachada e o mar.

28 de xullo de 2014 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.