publicidade hoxe

Allariz acollerá as Festas Etnográficas entre o 26 de xullo e o 9 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCalendario
A-
A+

Allariz celebra as Festas Etnográficas 2014 e ultima os preparativos para a elaboración do “Ciclo do pan”.

Comezando pola “seitura” o día 26 de xullo, Queiroás da Igrexa abre estas festas que recrean o ciclo de elaboración do pan. Será neste mesmo lugar, o día 2 de agosto, cando se leve a cabo “a malla”, a seguinte das citas.

O día 8 de agosto, no Muíño do Burato, recrearase “a moenda” e os visitantes poderán participar no proceso de transformación do grao en millo. A degustación de todo este traballo, chegará o día 9 na xornada da “fornada”, que terá lugar na Torre de Seoane, onde se repartirá o pan elaborado a todo aquel que o desexe.

Os visitantes poderán colaborar nas labores e traballos que corresponden a estas actividades e dende o Concello de Allariz convídase á participación dunhas festas únicas e tipicamente tradicionais galegas.

22 de xullo de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.