publicidade hoxe

Adxudicadas por máis de 106.000 euros as obras de mellora da rúa do Ribeiro no concello de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

plano obras RibadaviaA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar as obras de mellora na rúa do Ribeiro, no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0+000 e o 0+750 da estrada Ribadavia- Cea (OU-504). Trátase dun treito que discorre polo núcleo urbano de Ribadavia, que a Xunta de Galicia quere mellorar antes de transferir a súa titularidade ao concello.

Esta actuación execútase en base a un convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello de Ribadavia. As obras, que se prevén iniciar a finais do verán –tras a sinatura do contrato- consistirán no reforzo das conducións de canalización soterradas con lousas de formigón, o fresado da superficie actual do firme e a renovación total da capa de rodadura. Con estas actuacións acadarase unha mellora da calidade do vial, formulando unha solución de futuro.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez aporta máis de 106.000 euros para esta obras. O Concello de Ribadavia pasará a ser titular desta estrada no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 ao 1+460, e asumir a explotación, mantemento e conservación.

Máis actuacións na OU-504

Cabe salientar que a Axencia Galega de Infraestruturas tamén licitou outra actuación para mellorar o estado do firme de varias estradas da provincia de Ourense, entre as que se atopa a OU-504. Deste xeito, tamén se executarán reparacións de firme localizado en determinados tramos ao longo de 27 quilómetros, dende Ribadavia ata Cea. Este contrato tamén inclúe a reparación das estradas Xinzo de Limia- Cortegada (OU-531), Ourense- Fronteira de Portugal (OU-540) e Ribadavia- límite provincia- Ponte Barxas (OU-801).

Esta actuación beneficiará aos veciños dos municipios ourensáns de Bande, Beade, O Carballiño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Maside, Muíños, Padrenda, Pontedeva, Ramirás, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.

5 de xullo de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.