publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Adxudicadas as obras de mellora en varias estradas de localidades da proncia de Pontevedra

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as de mellora e rehabilitación de firme varios treitos deteriorados de catro estradas da provincia de Pontevedra ao seu paso polos concellos de Vila de Cruces, Lalín, Silleda, Forcarei e Pontevedra. O importe de adxudicación elévase a 432.377 euros e beneficiarán a máis de 120.000 veciños. Coas actuacións de rehabilitación estrutural e superficial previstas prolongarase a vida útil do firme das estradas analizadas, que suman 23,2 quilómetros.

Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Lancer Proxectos e Obras, comezarán este verán e terán un prazo de execución de seis meses.

As obras consistirán ben na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados, ou ben na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, nos treitos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén, de ser necesario, levarase a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes.

Unha vez revisadas as estradas obxecto das obras en toda a súa lonxitude, nos proxectos recóllense actuacións localizadas nos seguintes treitos:

Licitación
Estrada
Tramo
lonxitude
concellos
Poboación beneficiada
Orz Licitación
 
 

RF localizado nas estradas PO-224, PO-534, PO-902 e PO-960

PO-224

0+000-5+300// 6+200- 8+000

7,5 km
 
 

Vila de Cruces, Lalín, Silleda, Forcarei e Pontevedra.

 
 
 
 
121.773
 
 
 
 
499.742,63
PO-534

1+000-3+000// 6+000-11+800// 13+800-14+200// 29+000-30+000

9,2 km
PO-902
4+500-6+000
1,5 km
PO-960
17+000-22+000
5 km

Conservación e seguridade viaria

Unhas das prioridades da Consellería de Medio Ambiente é a conservación das estradas das que é titular. Nese sentido, a Consellería ten previsto mobilizar arredor de 306 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria, ás que se destinará preto de 190 millóns de euros, un 62% do total dos contratos de obra que se realizarán en 2014.

Estas actuacións inclúen obras de reforzo de firme extraordinarias, así como a conservación de noiros e taludes que a Xunta puxo en marcha ao longo deste ano.

12 de xullo de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.