publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aparece morto un pescador preto do espigón de Corme na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPontecesoPortada dereitaSucesosZas
A-
A+

Un pescador de Zas (A Coruña) apareceu morto na noite deste sábado, sobre as 23,00 horas, nas proximidades do espigón de Corme, en Ponteceso (A Coruña).

   O cadáver do home, de 53 anos e veciño de Zas, foi atopado flotando preto do espigón de Corme, polo que foi trasladado a terra por Salvamento marítimo, segundo informaron fontes da Garda Civil de Ponteceso.

   Tras ser trasladado a terra, o cadáver foi levado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para practicarlle a autopsia. E é que aínda se descoñecen as causas da morte, aínda que, desde a Garda Civil de Ponteceso sosteñen que podería tratarse dun accidente.

   Até o lugar dos feitos, desprazáronse membros da Garda Civil de Ponteceso e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

27 de xullo de 2014 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.