publicidade hoxe

A Xunta inviste 53.000 euros na mellora do firme de varios camiños do Irixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IrixoOurense
A-
A+
Rogelio Martínez no Irixo

Rogelio Martínez no Irixo

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, supervisou esta mañá o resultado dos traballos levados a cabo no municipio do Irixo ao abeiro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014.

Acompañado polo alcalde do concello, Manuel Penedo, e polo xefe de servizo de Infraestruturas Agrarias, Enrique Alonso; o delegado territorial visitou a zona onde se realizaron as obras. Os traballos consistiron na mellora da capa de rodaxe dos camiños de acceso aos núcleos de Navás e Outeiro, o ensanchamento do camiño de acceso ao núcleo de Irixo de Enriba, a reparación do acceso ao núcleo de Orosa e a reconstrución dun muro de contención do acceso ao núcleo de Alén. A actuación contou cun investimento total de 52.967 euros e ten como fin favorecer as condicións de tránsito e seguridade vial e, deste xeito, proporcionar maior calidade de vida á poboación destes núcleos rurais.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. O obxectivo fundamental destes fondos é o de levar a cabo actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación.

Segundo salientou Rogelio Martínez, “con estas iniciativas búscase dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais”. O delegado territorial engadiu que as subvención reguladas neste programa contribuirán á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Rogelio Martínez lembrou que en total, a través deste Programa Marco, a Consellería de Medio Rural e do Mar destina preto de 3.600.000 euros para levar a cabo actuacións en camiños e estradas rurais da totalidade dos concellos da provincia ourensá.

1 de xullo de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.