publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 31.300 euros na rehabilitación da igrexa do mosteiro de Santa María de Oseira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSan Cristovo de Cea
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a igrexa do Mosteiro de Santa María de Oseira, no concello ourensá de Cea para anunciar que o seu departamento investirá un total de 31.327,80 euros na rehabilitación e reposición da formación do beirado da xirola da basílica. Durante a visita estivo acompañado polo delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez; e pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.

A igrexa do Mosteiro de Santa María de Oseira data do ano 1637 e é un exemplar monumental da arte románica oxival. As obras neste ben consistirán na reposición parcial dos beirados da xirola da igrexa co fin de evitar un novo levantado das pranchas de cobre. Para tal efecto colocaranse platinas pregadas de aceiro inoxidable ancoradas ás táboas.

Unha vez alí aproveitarase para dotar de maior ventilación a escaleira que comunica a igrexa co nivel superior do claustro e tamén se farán labores de mantemento reparando as xuntas con morteiro de cal e area. As actuación teñen un prazo de execución de dous meses aproximadamente.

18 de xullo de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.