publicidade hoxe

A Xunqueira acolle unha sesión de música electrónica como anticipo das festas de San Roque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O parque da Xunqueira acollerá este xoves, día 24, a a partir das 22,30 horas, unha sesión de música electrónica que servirá como anticipio das festas patronais de San Roque, cuxo cartel e programa se dará a coñecer nos vindeiros días.

A sesión de electro e progressive house estará protagonizada polo dúo de dj’s Rebeca Tresor e Marien Novi, coñecidas artísticamente como Beat2Beast. Por separado, Tresor e Novi levaron a súa música por lugares tan distantes e diferentes coma Ibiza, Moscú ou Qatar. Tamén actuaron xunto estrelas internacionais como Nelly Furtado ou Hardwell. Na actualidade son dj’s oficiais da multinacional Niké e tamén foron elididas por TeleCinco para poñer a música de Gran Hermano 14.

A posta en escena de Beat2Beast caracterízase por unha técnica depurada e un sonido que, segundo a súa productora, fai “estremecer ata aos clubbers máis duros”.

22 de xullo de 2014 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.