publicidade hoxe

A Sociedade Ximnástica foi o undécimo equipo por finalistas no Campionato de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O balance que fai a Ximnástica da súa actuación no nacional absoluto é moi satisfactorio. 1934, 1935, 2009, 2013 e agora en 2014; a Sociedade Ximnástica conseguiu dúas medallas neste Campionato, o seu mellor resultado de sempre. Coas dúas medallas de bronce alcanzadas o pasado fin de semana en Alcobendas, a Ximnástica colocouse no posto 26 do medalleiro e foi un dos 14 clubs que sumaron dous ou máis metais.

Na puntuación por finalistas, grazas aos 7 postos conseguidos entre os oito primeiros, a Ximnástica totalizou 26 puntos, que lle colocan en undécimo lugar dun total de 71 equipos que conseguiron algún finalista.

Comparado co ano pasado a Ximnástica mantense nos mesmos números, con tamén sete finalistas, aínda que mellor colocados, xa que con 33 puntos, conseguiuse o noveno posto.

30 de xullo de 2014 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.