publicidade hoxe

A residencia xuvenil Florentino López Cuevillas acolle a 60 participantes no programa Conecta con Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurenseXuventude
A-
A+
Rogelio Martínez na visita á residencia

Rogelio Martínez na visita á residencia

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, desenvolve ‘Conecta con Galicia’, un programa rotatorio de convivencia entre rapaces e rapazas galegos e da Galicia exterior. A iniciativa ten como obxectivo fornecer as ligazóns que relacionan a mozos e mozas coa terra dos seus familiares, brindándolles a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega de xeito lúdico a través de experiencias nas que eles sexan os protagonistas. Para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron en Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, destacou o traballo do Goberno autonómico na programación desta actividade que “contribúe a que os mozos e mozas dos galegos emigrados coñezan a cultura e a terra dos seus familiares, nun entorno novo para moitos deles”.

Percorrido pola cultura galega

Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, visitou hoxe as instalacións da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas”, onde recibiu aos 60 mozos e mozas que participarán na primeira quenda das dúas que conforman o programa, titulada co epígrafe “Cultura e Camiño”.

Os participantes son descendentes de galegos en América Latina, Europa e España. Deste xeito, o campamento ourensán estará integrado por 16 rapaces arxentinos, 12 venezolanos, 5 uruguaios, 2 alemáns, 2 brasileiros, e 1 integrante dos países de Chile e Perú, que convivirán durante seis días con outros 22 mozos galegos. Aquí participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural da zona de Ourense, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela.

A segunda quenda- que recibe o nome de “O mar de Galicia”-, será tamén de seis días de duración e desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña), onde se realizarán actividades de náutica, de lecer e de coñecemento do medio mariño.

22 de xullo de 2014 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.