publicidade hoxe

A Pobra de Trives destinará 19.000 euros á mellora das estradas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O Concello da Pobra de Trives asinou un convenio coa Deputación de Ourense para a mellora da rede de estradas de titularidade municipal. Este acordo, que xa comezou a executarse, permitirá mellorar a rede viaria local e os accesos ás parroquias de Mendolla, A Encomenda, Sobrado, Escuadrio, Penapetada, Santa María de Trives, A Portela, Cotarós, Fareisás e Navea.

As obras, segundo asegurou o alcalde da vila, Francisco José Fernández, permitirán adecentar todas as vías do perímetro rural e adecualas a uso dos veciños. Segundo subliña Fernández, o Concello realiza unha achega de 19.000 euros destinado ao pago dos materiais, mentres que a Deputación aporta o personal e a maquinaria necesaria para executar as obras.

O alcalde de Trives, Francisco José Fernández, quixo pór de manifesto que estas actuacións realizadas coa axuda da Deputación son un exemplo de colaboración entre administracións públicas. Ademais reforzan o compromiso do goberno municipal co desenvolvemento das parroquias. Para o goberno local prestar servizo a todo o territorio do Concello e unha prioridade que se demostra coas actuacións aprobadas na xunta de goberno.

4 de xullo de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.