publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Once reparte co seu Rasca 100.000 euros entre as localidades de Zas e Mazaricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMazaricosPortada dereitaZas
A-
A+
Europa Press

O Rasca do Once ‘Atrapa un Millón’ repartiu o seu premio maior, 100.000 euros, entre as localidades coruñesas de Zas e Mazaricos, segundo informou este xoves a entidade nun comunicado.

En concreto, o axente vendedor da Once, Manuel García Fariña, que ten a súa ruta como vendedor ambulante entre Zas e Mazaricos, é quen vendeu o Rasca premiado.

Este Rasca da Once está asociado ao concurso de Antena 3 ‘Atrapa un Millón’, presentado por Carlos Sobera, que se emite de luns a venres. Este produto enmárcase nun acordo de colaboración entre a ONCE e Atresmedia, grupo empresarial titular da canle de televisión Antena 3, entre outros.

3 de xullo de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.