publicidade hoxe

A meteoroloxía obriga a cambiar o Festival de Clausura das Actividades de Verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Debido á posibilidade de choiva o Festival de Clausura das Actividades de Verán 2014 trasládase ao Pavillón Municipal o sábado día 2 de agosto ás 21,00 Horas.

Neste festival actuarán os cómicos Pedro Brandariz e Fran Rey coa obra “Dous pallasos en Máis Apuros” que é un espectáculo orientado ao público infantil. Nesta divertida produción recupéranse e actualizan vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colimbaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compor unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.

A continuación proxectarase un vídeo resumen das actividades onde se poderán visionar algunha das 47 actividades distintas que realizaron os preto de 350 nenos nos 5 distintos grupos de idade.

O Festival de Clausura será presentado polo humorista Paulo Medal.

Para mañá venres día 1 de agosto finalizan as actividades para o Grupo E que no Campo de Fútbol de Candán de 10,30 h a 13,00 h. realizasen unha Gimkana de Hábitos Saudables que é un percorrido por circuíto a modo de gimkana para fomentar hábitos saudables cunha Caseta de Alimentación, Caseta de Deporte Lúdico, Ruleta Divertida e un Photocall de marcos divertidos.

O grupo C en horario de tarde terán un taller de Baile Galego no Multiusos de Arcade e como punto final destas actividades todos os grupos e os seus pais poderán gozar dunha Velada na Noite con xogos para todos no Porto de Arcade a partir das 22,30 Horas.

31 de xullo de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.