publicidade hoxe

A igrexa parroquial de Proendos, en Sober, acolle un concerto de saxofóns o Día de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local e as Xuventudes Musicais de Sober organizaron para o venres 25 de xullo, Día de Galicia, un concerto extraordinario a cargo do dúo de saxofonistas formado por Sara Méndez e Guillermo Presa. O Concello de Sober continua así coa súa programación cultural musical de verán, á que seguirá o Baile á luz da lúa, o vindeiro 29 de agosto.

Programa

Ars (1992-94) Christian Lauba (1952)

Sonata (1918) Francis Poulenc (1899- 1963)

– Presto
– Andante
– Vif

Konzertstück für Zwei Altsaxophone (1933) Paul Hindemith (1895-1963)

– Lebhaft
– Mässig langsam
– Lebhaft!

Deuce (2011) Robert Lemay (1960)

Os protagonistas

Sara Méndez (Proendos-Sober, 1993) inicia os seus estudos musicais a moi temperá idade na Escola de Musica de Sober. Realiza os Graos Elemental e Medio no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, da man de Emilio José Vázquez Rodríguez, onde obtén o premio extraordinario de fin de grao.

Actualmente, continúa coa súa formación no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, no seo do Mallorca Saxophone Studio baixo a tutela de Rodrigo Vila e Yuko Mizutani.

Recibe master-class de iconas do saxofón como Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, David Brutti, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Daniel Gautier, Joonatan Rautiola, Jeff Vickers ou Richard Ducros; do flautista italiano Mario Caroli e tivo a ocasión de coñecer a compositores como Mauricio Sotelo, Christian Lauba, Félix Ibarrondo, François Rossé ou Etienne Rolin.

Forma parte do actual Mallorca Saxophone Ensemble, institución coa cal actuou en diferentes escenarios tanto nacionais como internacionais: Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo ou Mallorca.

Dende 2012 participa no Mallorca Saxophone Festival. Colaborou no concerto-presentación do Ensemble Galego de Saxofóns e coa Orquestra Simfónica de Les Illes Balears.

Este ano participou no Festival ME_MMIX (Festival de Música Electrónica, Música Mixta e Vídeo Proxección) de Palma de Mallorca, interpretando obras do compositor francés Pierre Jodlowski e na XVII Semana Musical Aita Donostia, interpretando, xunto a Guillermo Presa, dúos e obras a solo de Hidemith, Itoh, Noda, Erkoreka e Lemay.

Guillermo Presa (Donostia- San Sebastián, 1990) inicia os seus estudos musicais na escola de música Musikabi. Cursa o Grado Profesional nos Conservatorios Francisco Escudero de Donostia e Juan Crisóstomo de Arriaga de Bilbao. No 2011 é galardoado co segundo premio exaequo no Concurso Xóvenes Músicos de Euskadi, modalidade Vento-Madeira.

Actualmente cursa estudos de Grado Superior de Música no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares cos profesores Rodrigo Vila e Yuko Mizutani, onde ademais recibe clases de Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Mario Caroli, Marcus Weiss, David Brutti, Lars Mlekusch, Richard Ducros, Jeffrey E. Vicers, Joonathan Rautiola e Daniel Gautier, e de compositores como Mauricio Sotelo, Félix Ibarrondo, Christian Lauba, François Rossé e Etienne Rolin.

Como integrante do Mallorca Saxophone Ensemble ofreceu concertos en Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo e Mallorca. Participa no Mallorca Saxophone Festival dende o (2012).

No ano 2014 participa no Festival ME_MMIX (Festival de Música Electrónica, Música Mixta e Vídeo Proxección) de Palma de Mallorca, interpretando obras do compositor catalán Hèctor Parra e na XVII Semana Musical Aita Donostia, interpretando, xunto con Sara Méndez, dúos e obras a solo de Hidemith, Itoh, Noda, Erkoreka e Lemay.

23 de xullo de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.