publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Fundación TIC colabora na difusión da II Carreira Popular de Castroverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastroverdeLugo
A-
A+

A Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, colabora co Concello de Castroverde na difusión da II Carreira Popular, que terá lugar o domingo, día 20 de xullo, na área recreativa Veiga do Olmo. Este martes tivo lugar no Pazo de San Marcos o acto de presentación desta iniciativa, no que participou a padroa da TIC e Deputada de Deseño e Artesanía. Regina Polín anunciou que “un equipo de bolseiros e profesionais da TIC gravarán a carreira co fin de realizar un vídeo e unha reportaxe, que se difundirán a través da internet para promover o evento deportivo e a riqueza  patrimonial e paisaxística deste fermoso Concello”.

Regina Polín afirmou que “con esta achega, a Fundación TIC cumpre cun dos seus principais obxectivos: prestar apoio técnico ós Concellos da nosa provincia para contribuír á divulgación das actividades que organizan”. No acto, Polín estivo acompañada da concelleira de Deportes de Castroverde, Mª Pilar Ferreiro Villar; do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e do adestrador do Club de Atletismo Castroverde, Miguel Roig.

Carreira e Andaina
A II Carreira Popular Concello de Castroverde dará comezo ás 10:00 da mañá, na área recreativa Veiga do Olmo, a carón das piscinas municipais, e discorrerá pola vila de Castroverde, e nun dos seus tramos pola parroquia de Covelas. A inscrición permanecerá aberta ata o día 15 de xullo, nas modalidades de carreira e andaina, para todas as persoas que o desexen, estean ou non federadas.
A organización estableceu doce categorías, dende os pitufos, con sete anos de idade, ata os veteranos. Para participar na andaina non hai límite de idade. O percorrido oscila entre os 100 metros, que percorrerán os mais pequenos, ós 7.500 metros da carreira competitiva, na que participan as categorías superiores.

Levarán trofeos os tres primeiros de cada categoría, os primeiros clasificados empadroados en Castroverde, e os atletas de menor e maior idade; así como medallas todos os atletas da categoría pitufos. Os gañadores da carreira de 7.500 metros recibirán premios en metálico, 200 euros para o primeiro clasificado; 100 euros o segundo e 50 euros o terceiro.

Unha hora antes do inicio da proba, os organizadores entregarán os chips, agás ós pitufos; dorsais e camisetas ós corredores.

8 de xullo de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.