publicidade hoxe

A FIG acolleu a gravación dun vídeo comercial centrado nun escenario móbil único por rapidez de montaxe e capacidade de carga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+
Escenario Supra Latino

Escenario Supra Latino

A Feira Internacional de Galicia acolleu durante esta mañá a gravación dun vídeo comercial con contido técnico centrado na montaxe dun escenario móbil que é único no mercado por ser o de más rápida montaxe e maior capacidade de carga na súa categoría, o “SUPRA-LATINO 1.1”.

Este escenario, da firma galega (de Cuntis) Mecanohidráulica Escenarios, é o primeiro escenario móbil de apertura mecanohidáulica completamente deseñado e fabricado en Galicia que chega ao mercado latinoamericano, realizándose a primeira entrega en Lima en só uns días. Con innovacións únicas no mundo, a súa virtude é a súa sinxela montaxe, que reduce ao mínimo custes e esforzos, podendo ser instalado nas máis complicadas localizacións en só unha hora e media por parte dun operador experto, converténdose así no máis rápido do mercado e capacitándoo para ser utilizado ata en dous eventos nun mesmo día.

Ademais, o SUPRA-LATINO 1.1 destaca por ser o de maior capacidade de carga dentro da súa categoría ao soportar máis de 25.000 quilogramos de peso no teito e ata 2.500 na zona destinada aos equipos de son. Escaleira, rampla convertible en pasarela, rigoroso sistemas de seguridade e dobres mecanismos son outras das súas cualidades. Comercializado baixo a marca Xinerxia para todo Latinoamérica, para onde está especificamente deseñado e onde existe unha gran demanda desta infraestrutura, ten sido concibido para responder tanto en eventos musicais como de outro tipo, como desfiles, mítines, actos empresariais, sociais ou incluso relixiosos, ademais do seu uso como plató de televisión.

“Condicións inmellorables” de recinto e pavillón

A este mercado Latinoamericano é ao que se dirixe o vídeo gravado esta mañá no pavillón 1 do recinto feiral, o cal foi escollido para este traballo polas súas dimensións, especialmente os seus 15 metros de alto, os cales permiten albergar escenarios de gran altura e realizar demostracións coma a da montaxe deste SUPRA-LATINO 1.1.

Sobre esta elección para a produción do vídeo, desde Mecanohidráulica Escenarios destacaron as “condicións inmellorables” do pavillón e o recinto, ademais de que “como centro para a dinamización da Comunidade que é, ningún lugar pode ser mellor que este para presentar, dende o centro de Galicia para o mundo, os últimos avances no campo da mecanohidráulica, entre os que destaca o SUPRA-LATINO 1.1”

Mecanohidráulica Escenarios, fabricante dos máis espectaculares escenarios móbiles, como os pertencentes ás orquestras Panorama, Olympus ou París de Noia, é líder en innovación e ten fabricado en menos de dúas décadas cerca de cen escenarios móbiles que, aínda en funcionamento, seguen sorprendendo nos espectáculos itinerantes de cada orquestra. O lanzamento do SUPRA-LATINO 1.1 responde a un proxecto de internacionalización da empresa, ademais de obedecer ás actuais circunstancias do mercado nacional neste sector, afectado dunha diminución na demanda deste tipo de escenarios.

21 de xullo de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.