publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra iniciará en setembro o curso de formación continua para técnicos e directivos de clubes deportivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe o 2º Curso de formación continua para técnicos e directivos de clubes deportivos da provincia, coa que da continuidade ós xa celebrados o ano pasado.

Os cursos serán levado a cabo por unha empresa externa, serán gratuitos e terán lugar na Escola de Canteiros os venres (de 16 a 20 horas) e os sábados (de 10 a 14 horas). Serán impartidos por profesores de recoñecido prestixio (universidades, deportistas, técnicos) e, ó seu remate, expedirase diploma acreditativo.

Os cursos terán lugar os días 12-13 e 26-27 de setembro, os 10-11 e 24-25 de outubro, e os días 7-8 e 28-29 de novembro.

Para eles ofertanse 40 prazas por curso para directivos e técnicos de clubes da provincia. O prazo de inscrición é ata o 8 de setembro. Serán clases teórico-prácticas, outorgarase un diploma de asistencia, material didáctico e unha camiseta exclusiva de técnico deportivo.

O programa de estudio, entre outras cuestións, abarcará as seguintes materias:

– Uso das Redes Sociais e Recursos Web para Mellorar a Visibilidade do Club en Internet
– Responsabilidade Civil dos Directivos na Xestión dun Club Deportivo
– Xestión e Fiscalidade dunha Entidade Deportiva
– Liderado e Cohesión de Grupo
– Traballo tutelado sobre algunha das materias
18 de xullo de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.