publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra destina 300.000 euros para unha liña de axudas a cultivos baixo abrigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acordou destinar 300.000 euros para unha liña de axudas a cultivos baixo abrigo da provincia.

Son axudas para adquisición, reposición e colocación de plásticos nas cubertas dos invernadoiros deste tipo de cultivos. As axudas poden chegar ao 50% da solicitada e por unha cuantía máxima de 3.000 euros.

Poden solicitalas horticultores asociados (Cooperativas, SAT, etc.) ou ben  hortofloricultores a título persoal que adiquen  unha superficie mínima de 500 m2 baixo cuberta.

As solicitudes pódense presentar unha vez se publiquen as bases no boletín provincial. As axudas tamén van dirixidas a reparación e mantemento das estruturas metálicas dos invernadoiros (piares, arcos, crucetas, canelóns…) que debido ás condicións climáticas adversas e ó paso do tempo se deterioran ou degradan, ou á compra e reposición dos plásticos da cuberta dos invernadoiros.

En anos anteriores, os beneficiarios deste tipo de subvencións foron arredor de 150, na súa maioría da comarca do Salnés onde se atopan importantes e numerosos cultivos do sector hortícola e hortofloral.

22 de xullo de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.