publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra adxudica a reurbanización de dúas rúas en Bueu por 132.275 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acordou, na súa xunta de goberno celebrada o pasado xoves, adxudicar á empresa Narom SL a obra de reurbanización da parte superior da rúa Alfonso e rúa Canibelos, no Concello de Bueu, por 132.275 euros.

A este concurso presentaron as súas propostas 15 empresas e finalmente foi adxudicada a Narom SL na cantidade antedita e un prazo de execución de dous meses.

28 de xullo de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.