publicidade hoxe

A Deputación de Lugo pon en coñecemento da Garda Civil o boicot que sufriron as máquinas do Parque Móbil en Friol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLugoSucesos
A-
A+

A Deputación puxo en coñecemento da Garda Civil este mércores o boicot que sufriron as máquinas do Parque Móbil en Friol, onde traballan na mellora de estradas provinciais dende este pasado luns.

Esta mañá técnicos provinciais viron que na zona onde se atopaban as máquinas afincadas para retomar a súa actividade na xornada de hoxe, concretamente, diante das vivendas sociais, na localidade friolesa, estaba invadida de tornillos. Isto impediu iniciar momentaneamente os seus labores, posto que de arrancar as máquinas rebentarían as rodas, xa que os tornillos estaban estratexicamente situados diante das mesmas, así como esparcidos por toda a zona.

Trátase dun acontecemento sen precedentes, pois dende que se reorientou o Parque Móbil, coa chegada do actual Goberno Provincial, centralizando o seu  traballo no arranxo das estradas provinciais dos 67 Concellos, e poñéndoo a disposición de todos os municipios lucenses para o acondicionamento de vías locais, aforrando custes ós Concellos, nunca aconteceu algo semellante.  

Despexada a zona polos propios traballadores da Deputación, as 3 máquinas desprazadas a Friol (motoniveladora, retrocargadora e camión vascular) retomaron os seus labores, acondicionando, concretamente, a CP 2106, de Friol por Cimadevila a Lousado. Os traballos proseguirán ó longo destes días.

23 de xullo de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.