publicidade hoxe

A Deputación de Lugo finaliza melloras de 50.000 euros no acceso ó polígono de Meira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMeira
A-
A+

A Deputación rematou as obras de acondicionamento na terminación do enlace LU-P-3003 coa N-640, no punto quilométrico 55, no Concello de Meira. O organismo financiou na súa totalidade estas actuacións con un presuposto de 50.000 euros. As obras consistiron en melloras na vía de acceso ó polígono meirense, que tamén comunica cos Concellos de Riotorto e a Pontenova.

Con estas obras mellorouse a seguridade nun treito que, diariamente, rexistra un grande número de usuarios. As actuacións que se levaron a cabo foron as seguintes: acondicionamento do firme con aglomerado en quente, así como das cunetas; e mellora da sinalización vertical, horizontal e balizamento.

17 de xullo de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.