publicidade hoxe

A Deputación da Coruña destina 810.000 euros ao financiamento de cuadrillas municipais en concellos de menos de 20.000 habitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña destinará 809.274,51 euros aos concellos de menos de 20.000 habitantes para que contraten persoal para as súas cuadrillas de obras e servizos municipais.

Este programa forma parte do plan de emprego posto en marcha coa Xunta para favorecer a contratación de persoas a través destes equipos de traballo nos distintos concellos. En concreto, este programa supón a contratación de tres persoas por municipio durante este ano. En total 80 localidades beneficiaranse desta achega económica que permitirá non só realizar pequenas obras, senón desenvolver outros servizos mínimos de mantemento como a limpeza viaria e de espazos públicos.

Esta partida foi aprobada en pleno o pasado mes de maio e agora ponse en marcha coa publicación das axudas que recibirá cada un dos concellos e que permitirán financiar integramente este servizo, sen que os gobernos locais teñan que contribuír.

22 de xullo de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.