publicidade hoxe

A Deputación concede 157.134 euros a Cangas para rehabilitar o edificio da Cámara Agraria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou na súa Xunta de Goberno do pasado venres a concesión dunha subvención de 157.134 € ó Concello de Cangas para rehabilitar o edificio da Cámara Agraria e acondicionalo para a instalación de oficinas municipais e do ORAL.

Trátase dunha edificación situada na rúa Castelao de Cangas, do ano 1970, con dúas plantas, muros exteriores de perpiaño e dous muros interiores que dividen o local en tres partes, no que a parte central é un espazo de acceso común.

Nos anos 80 ampliouse o local cunha planta máis para instalar as oficinas da Cofradía de Pescadores San José. A superficie por planta é de 246,5 m2, cunha superficie total construída de 739 m2.

O proxecto pretende rehabilitar e acondicionar o edificio para oficiñas municipais e do ORAL na planta baixa.
Inclúe tamén instalar un ascensor, cambiar a cuberta e mellorar e carpintería exterior do inmoble.

21 de xullo de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.