publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro preséntase na cea de gala da Aega-Cat

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorRibadavia
A-
A+
Cea de gala da Aega-Cat

Cea de gala da Aega-Cat

O C.R.D.O. Ribeiro vén de realizar unha presentación dos seus viños na cea de Gala da Excelencia Galega da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT) por segundo ano consecutivo. Na súa Cea de Gala Institucional, cita na que se entregaron os Títulos á Excelencia Galega, ofreceuse aos asistentes un túnel do viño no que se presentaron 20 referencias de viño da Denominación de Orixe Ribeiro, que o público podía harmonizar con diferentes produtos de calidade galegos, como os queixos Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro, pan de Cea, o polbo de O Carballiño…

O acto tivo lugar o sábado, 5 de xullo, no hotel Grand Marina de Barcelona. Presidido por Julio Fernández, presidente de AEGA-CAT, contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Barcelona, Xavier Trías; a ministra de Fomento, Ana Pastor; a presidenta do Partido Popular catalán, Alicia Sánchez-Camacho; o conselleiro de Empresa y Empleo da Generalitat, Felip Puig entre outros. Este evento social tamén reuniu a prestixiosos profesionais, investigadores, empresarios, representantes da vida política e social, e os nomes máis destacados da arte, a cultura, o deporte e a comunicación de Galicia e Cataluña.

TÍTULOS DE EXCELENCIA GALEGA

Os profesionais galegos premiados con este galardón foron o ex presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; o escultor Francisco Leiro Lois, autor de El Sireno de Vigo, entre outras obras; Alejandro Blanco Bravo, director do Comité Olímpico Español ou o empresario Roberto Tojeiro Rodríguez, responsable de Gadisa. Así mesmo, foron recoñecidos o doctor Pablo Villoslada Díaz polo seu traballo na investigación da esclerose múltiple e o xornalista ponferradino Luis del Olmo, cunah profunda vinculación a Galicia.

A Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña instituíu os Títulos de Excelencia Galega no ano 2005 consciente de que son moitas as persoas, vinculadas por orixe ou empatía a Galicia, que merecen ser recoñecidas socialmente polos seus logros profesionais a favor do desenvolvemento de Galicia e defensa da súa cultura e tradicións.

7 de xullo de 2014 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.