publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A carpa Xplora de xuventude visita o Incio e Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IncioSarriaXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata as localidades lucenses de O Incio e Sarria co fin de que os mozos e mozas galegos poidan coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará emprazada esta mañá, entre as 11,00 e 14,00 horas, na Praza de España do Incio e, pola tarde, desprazarase ata Sarria, onde se ubicará, entre as 17,00 e 19,00 horas, na zona recreativa do Chanto.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

22 de xullo de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.