publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude chega a Ourol para dar a coñecer os recursos da mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurolXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata Ourol co fin de dar a coñecer aos mozos e mozas galegos os recursos e programas dirixidos a este colectivo, ao tempo que contarán con asesoramento por parte de técnicos especializados.

A iniciativa, que estará situada na praza do Concello, estará aberta ao público entre as 12,00 e as 14,00 horas.

Esta campaña estase a desenvolver por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante este verán, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

31 de xullo de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.