publicidade hoxe

Zas e a Deputación da Coruña estudan fómulas de colaboración para a xestión do Patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaZas
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña vén de reunirse nos últimos días co alcalde de Zas, Manuel Muíño, nun encontro de traballo no que trataron diversos asuntos de interese para o concello. Así, ambos mandatarios falaron da posibilidade de manter unha colaboración estable en todo o relacionado coa xestión do patrimonio que posúe a Deputación: as Torres do Allo. Aínda que está a punto de licitarse o contrato para a xestión desas instalacións durante os meses de verano, a colaboración entre Concello e Deputación pasará polo mantemento dunha programación cultural estable nestas instalacións. Ademais desta cuestión, o rexedor solicitou á Deputación o proxecto realizado para a ampliación do paseo fluvial en Baio, polo que Calvo confirmou a súa cesión ao Concello.

Finalmente, Diego Calvo e Manuel Muíño tamén falaron da posibilidade de que o tramo urbano da estrada DP. 9301 ao seu paso por Zas pase a ser de titularidade municipal.

23 de xuño de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.