publicidade hoxe

XXI Xuntanza das Persoas Maiores en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O sábado día 28 de xuño celebrarase na Carballeira de Famelga a XXI Xuntanza das Persoas Maiores, festexo xa tradicional no Concello de Cotobade, que convoca aproximadamente a 260 persoas maiores. Esta actividade de lecer é unha parte do programa de animación a terceira idade levada acabo polo Concello, quizais a que máis capacidade de convocatoria ten.

A xuntanza consiste nunha misa campestre que oficiará o cura-párroco de Aguasantas á unha da tarde, a continuación farase comida de confraternización, onde por suposto non faltará a empanada o polbo e a carne ó caldeiro.

Tamén se homenaxeará ao señor e señora de máis idade que nos acompañen ese día e rematará cun estupendo baile. Este ano os homenaxeados serán CARMEN SÁNCHEZ GARCÍA de 96 anos e MARTÍN CORTES HERMOSO de 90 anos. A animación será levada a cabo polo grupo musical trío Sabor.

27 de xuño de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.