publicidade hoxe

XVIII Feira de Cans de Caza no campo da feira de Abegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

Os campos da feira de San Marcos de Abegondo espera unha grande de xente con motivo da celebración da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello e a Asociación de Cazadores de Abegondo e que este ano alcanza a súa XVIII edición.

Haberá premios nas categorías de caza maior, caza menor, e pluma. Recoñecerase á mellor xauría e á mellor camada de cachorros, e haberá un premio especial ao mellor can da feira. Os cans que participen deben asistir provistos de microchip e contar coa cartilla sanitaria e toda a documentación necesaria segundo a lexislación vixente.

Ademais, os asistentes ao evento poderán degustar carne de caza.

6 de xuño de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.