publicidade hoxe

Vilalba será escenario da final galega de combate de taekwondo escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilalba
A-
A+

O sábado 7 de xuño celebrarase en Vilalba a final galega de taekwondo escolar na modalidade de combate, na que participarán 240 deportistas que lograron a súa clasificación nas fases provinciais.

A final da modalidade de combate comezará ás 10 horas nos seis tapices dispostos para a competición. En total celebraranse aproximadamente 180 combates para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2002 e 2003) e infantil (nados nos anos 2001 e 2000), que serán dirixidos por 27 árbitros. As e os deportistas competirán coas pertinentes proteccións, pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

6 de xuño de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.