publicidade hoxe

Vilaboa acolle unha actividade dinamizadora da lonxa con actividades para todos os públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

O vindeiro xoves 26 ás 11h, dentro das actividades do GAC-7 Ría de Vigo – A Guarda (Grupo de Acción Costeira ao que pertence o concello de Vilaboa), desenvolverase unha actividade de dinamización da lonxa, no porto de Santa Cristina de Cobres. 

Con esta actividade preténdese promocionar os mercados e as lonxas do territorio e, no caso do concello de Vilaboa, a lonxa do porto de Santa Cristina de Cobres, así como os productos do mar.

Guiados por biológos mostraranse os beneficios e propiedades nutricionais dos nosos productos do mar, como poden ser ameixas, berberechos, navallas…etc. E tamén se ensinarán aos asistentes como elaborar un sinxelo menú con eles.

Ademais, os máis pequenos terán un “Obradoiro Particular” convertíndose en mariñeiros e mariscadores por un día con distintas actividades e talleres nos que aprenderán pescando ou investigando na area.

Finalmente, os asistentes poderán degustar dun “Pincho Placeiro Placenteiro”.

23 de xuño de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.