publicidade hoxe

Verín, Monterrei, Vilardevós, Oímbra e Ríos reivindican o mantemento dos partidos xudiciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterreiOímbraRiósVerínVilardevós
A-
A+

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acompañado dos rexedores de Monterrei, José Luis Suárez, Vilardevós, Manuel Cardoso, Oímbra, Alfonso Villarino, e Riós, Francisco Armando Veiga, compareceron esta mañá en rolda de prensa para reivindicar o mantemento dos partidos xudiciais.

“O día 27 de abril, a nivel provincial, os alcaldes nos que existen partidos xudiciais, xunto co presidente do Partido Popular en Ourense, Xosé Manuel Baltar, facíamos un comunicado onde de xeito unánime opuñamos a previsión do anteproxecto de Lei”, indicou o alcalde de Verín, “e temos que lembrar, como fixo o presidente provincial naquel momento, que o anteproxecto aínda ten un longo percorrido parlamentario: recepción de informes de diferentes organismos parlamentarios, logo pasa ao Congreso onde recibe enmendas, ao Senado e retorna ao Congreso para a súa aprobación”. Ademais, e por outra banda, a Deputación de Ourense na súa última sesión plenaria aprobaba unha moción, que tamén se va a presentar en todos os concellos da comarca, onde no primeiro punto se rexeita á previsión do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que determinaba a desaparición dos actuais partidos xudiciais na provincia de Ourense, e instaba ao goberno do Estado a que garanta o mantemento dos actuais partidos na nosa provincia, e acordábase dar traslado deste acordo aos concellos da provincia, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España”.

Con todo segundo indicou o alcalde verinense, “o 6 de maio ocorreu un feito importante no Senado en Madrid”. “Á pregunta dunha senadora de CIU sobre se o goberno valoraba os enormes costes sociais e económicos que representaban para os cidadáns a eliminación de xulgados de Paz e 1ª Instancia, tivo lugar unha declaración por parte do Ministro de Xustiza que tranquilizou aos alcaldes que é a seguinte” (Diario de Sesións do Senado, 06 de maio de 2014, número 109 e páxina 10345):

“Se voste lee o proxecto verá que a lei orgánica non suprime os xulgados de paz. De ningunha maneria, os mantén todos. Respecto aos xulgados de 1ª Instancia e Instrucción, dígolle con toda claridade, non se vai pechar un só xulgado en España. O que fai o novo modelo é crear tribunais provinciais de instancia e nestos tribunais intégranse todos os órganos existentes. Intégranse os órganos colexiados, que están na capital de provincia, os órganos unipersonais, que están na capital de provincia, e os órganos unipersonais, que están en distintas poboacións diferentes á capital de provincia, que subsisten coma tales, e nalgunhas provincias de España incluso hai seccións colexiadas desprazadas fóra da capital de provinica. Todo se mantén. Cal é a diferencia? Que se introduce un criterio de flexibilidade e de profesionalidade, de especialización. O cidadán non vai ver desaparecer o seu xulgado. Qué é o que vai poder facer o tribunal de instancia provincial? Decidir que número de xuíces hai en cada momento en cada poboación en cada unha das distintas unidades colexiadas ou unipersonais, co que deixará de estar suxeito ao ríxido sistema de traslados que neste momento establece o réxime de partidos xudiciais. Resumindo, subsisten todos e cada un dos tribunais e dos xulgados que hai nestes momentos en España. Eso sí, funcionarán con flexibilidade. Qué mellorará? A administración de Xustiza. Quen será o maior beneficiado? O cidadán”.

Esta declaración “deíxanos tranquilos e non temos ningunha dúbida que van a permanecer todos os xulgados, o único que se trata é que os xuíces terán unha adscrición provincial, e aqueles xulgados nos que exista máis traballo terá que haber máis xuíces, e ese reparto o decidirá un órgano de goberno de Xustiza que haxa en cada provincia”, subliñou Jiménez Morán, “con isto gáñase funcionalidade a nivel de xulgados, non se vai a cerrar ni un sólo xulgado, nin se vai trasladar a ningún funcionario, polo tanto nós estamos contentos con isto”.

Non obstante, “nós como dixemos que sempre apoiabamos todas as medidas que foran o sentido de manteñer o que é a planta xudicial, incluso antes de que ocurrira esta contestación por parte do Ministro, vamos a participar na manifestación que terá lugar o día 12 de xuño, e ese mesmo día pero de mañá, na Mancomunidade de Municipios de Verín terá lugar un pleno onde se aprobará a moción presentada na Deputación de Ourense”, indicou o alcalde de Verín. “Estamos a favor de que se manteñan todos os órganos xudiciais na provincia, porque a Xustizaten que ser un ente cercano aos cidadáns, que solvente os seus problemas aos veciños e veciñas, e non lle cree outros que lle obligue a facer un sobrecoste engadido en ter que desprazarse á capital da provincia”, finalizou Jiménez Morán.

9 de xuño de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.