publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Val do Dubra inicia en xullo o ‘Verán Deportivo 2014’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra presenta e inicia o programa de actividades para o tempo de vacacións dos máis pequenos:  ‘Verán Deportivo 2014’. Comenzará o próximo martes, 1 de xullo, e irá ata o 15 de xullo. A actividade, que inclúe xogos didácticos para os nenos de cinco a 12 anos, terá lugar na piscina e na área recreativa de Bembibre. Será en horario de mañán. O Concello de Val do Dubra trata así de dar una oferta de lecer aos máis cativos do Concello para que, unha vez iniciadas as vacacións de verán, poidan disfrutar e ao mesmo tempo os seus pais poidan conciliar traballo e vida familiar.

O Concello de Val do Dubra tamén ofrece un Curso de Natación, que comenzará o próximo martes e rematará o día 11 de xullo. Serán duas semanas de aprendizaxe na piscina do concello. E tamén está programado un Campamento de Inglés para nenos de catro a 14 anos. Esta actividade lúdico-educativa tivo unha moi boa acollida en anos anteriores. Os interesados poden inscribirse ata o día 3 de xullo. A concesión de prazas será por orde de presentación de solicitudes no rexistro. O prezo de dúas semanas é de 30 euros.

25 de xuño de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.