publicidade hoxe

Uns 200 afeccionados ao ciclismo na natureza participan na V Ruta Río Ulla en BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+

Máis de 200 afeccionados ao ciclismo na natureza participarán mañán, 21 de xuño, na V Ruta Río Ulla en BTT en Touro. O inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, está previsto para as 16.00 horas. Os participantes percorrerán arredor de 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Será un percorrido por plena natureza.

A ruta, xa consolidada no calentario de probas de BTT, ten unna calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén haberá unha ruta corta de 29 quilómetros. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén na organización Coca-Cola, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e as Casas de Turismo Rural de Touro. Tras a proba sortearanse catro fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas, Casa Míguez, Pazo de Andeade e Divina Pastora.

20 de xuño de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.