publicidade hoxe

Unhas 45.000 persoas coñecen Sober nas redes sociais do grupo Sôber

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaSober
A-
A+

O grupo de rock español Sôber compartiu esta mañá cos seus máis de 35.100 seguidores o cartel promocional elaborado polo Goberno local con motivo do concerto que darán na localidade de Sober o vindeiro 28 de xuño. Amais, está a axudar na difusión do evento mediante o Twitter, rede social na que conta con preto de 10.000 fans.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, pon de relevo o feito de que a localidade sexa hoxe coñecida por preto de 45.000 persoas máis “grazas á axuda que o grupo está a prestarnos na promoción do concerto”. Por descontado, engade o rexedor, “todos os fans e seguidores do grupo están convidados a participar no evento e achegarse a Sober o próximo 28 de xuño”.

Fernández Guitián valora tamén o elevado número de medios de comunicación e publicacións especializadas que se están a facer eco da actuación o que, sen dúbida, fará que Sober e toda a Ribeira Sacra siga dándose a coñecer no mundo enteiro.

Unha xestión persoal do alcalde

A actuación vai ser posible grazas á xestión persoal que o rexedor levou a cabo co grupo que, de maneira desinteresada, aceptou ofrecer un concerto na localidade. O grupo aceptou o concerto por considerarse xemelgos de nome con Sober. O Concello será o encargado de organizar o evento que finalizará cun festival protagonizado por cinco DJ locais.

Actualmente o grupo está coa presentación do seu novo traballo Letargo, un disco innovador e o primeiro de Europa en 3D.

2 de xuño de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.