publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Lugo é detido por un incendio forestal causado durante labores de roza en Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoOímbraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Guardia Civil de Verín (Ourense) detivo un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de incendio forestal orixinado cando realizaba labores de roza nun monte do municipio ourensano de Oímbra.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 15,30 horas do mércores 18 de xuño foi detido J.B.E., de 64 anos e veciño Lugo, como presunto autor dun delito de incendio forestal, tras provocar un incendio forestal cando se atopaba facendo labores de roza.

As mesmas fontes sinalaron que o incendio forestal afectou a unhas 7,14 hectáreas de monte pinícola en Bouses, no municipio de Oímbra.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.

19 de xuño de 2014 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.