publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un varón falece en Baleira tras saírse da vía co seu vehículo e precipitarse por un terraplén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleiraPortada dereita
A-
A+
Europa Press

Un home duns 47 anos de idade faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía o seu vehículo, chocar contra unha árbore e precipitarse por un terraplén no municipio de Baleira (Lugo).

O sinistro tivo lugar sobre as 9,50 horas deste mércores na estrada da Fonsagrada, na Lastra, no municipio de Baleira, segundo os datos facilitados polo 112. O vehículo precipitouse por un terraplén onde había bastante maleza”.

Foron mobilizados o 061, a Garda Civil de Tráfico e os equipos de excarceración da Fonsagrada e Becerreá, así como os Bombeiros de Sarria, que finalmente deron volta ao non estar atrapada a vítima, que foi rescatada por efectivos de Protección Civil.

En concreto, segundo sinalaron fontes sanitarias, ao lugar o 061 trasladou unha ambulancia e un médico de Atención Primaria, que atendeu e confirmou o falecemento do home, J.L.D., de 47 anos.

25 de xuño de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.