publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador de 42 anos falece nas obras do AVE na Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador de 42 anos faleceu na tarde deste martes nun accidente laboral rexistrado nas obras do AVE na localidade Ourensana de A Gudiña.

Segundo informou o servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, o accidente tivo lugar pouco despois das 18.00 horas, cando unha retroescavadora que conducía a vítima caeu por un terraplén.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial con persoal sanitario do Centro de Saúde de A Gudiña, así como o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Non obstante, só puideron certificar a morte do home, J.J.O.C., de 42 anos.

17 de xuño de 2014 | 22:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.