publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home resulta ferido nunha saída de vía en Aranga e unha muller nunha colisión en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaBueuPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 70 anos de idade resultou ferido nunha saída de vía rexistrada na mañá deste venres no municipio coruñés de Aranga e unha muller nunha colisión ocorrida en Bueu (Pontevedra).

Sobre as 8,32 horas tivo lugar unha saída de vía na autovía A-6 sentido A Coruña no termo municipal de Aranga, segundo os datos facilitados polo 112.

Ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial que levou ao home ferido, F.A.R., duns 70 anos ao Hospital A Coruña, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Pola súa banda, sobre as 8,37 horas ocorreu unha colisión entre un camión e un coche na Avenida de Cangas no municipio de Bueu, que se saldou cunha muller duns 52 anos ferida, que foi evacuada en ambulancia asistencial ao Hospital Domínguez.

Ademais, sobre as 20,39 horas do xoves sucedeu outro sinistro ao chocar un vehículo contra a mediana cando circulaba pola Avenida de Lugo en Santiago de Compostela. Unha ambulancia do 061 levou ao Hospital Clínico a unha persoa ferida.

27 de xuño de 2014 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.