publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de tractor en Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 80 anos de idade foi evacuado este martes en helicóptero a un centro hospitalario tras resultar ferido ao sufrir un accidente co tractor que conducía en Pantón (Lugo).

Segundo informou o 112, os feitos tiveron lugar sobre as 12,13 horas tras pasarlle por encima o tractor que manexaba cando realizaba traballos nunha leira situada en Arribade, en Pantón.

Debido á gravidade das lesións requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar do accidente para a evacuación do ferido.

O 061, ademais, desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria, segundo sinalaron fontes sanitarias, aínda que, finalmente, foi o helicóptero medicalizado o que evacuou ao ferido, M.P.G., duns 80 anos de idade.

10 de xuño de 2014 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.