publicidade hoxe

Touro acolle a saída e chegada da segunda etapa da XIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Touro acollerá mañán sábado, 7 de xuño, a saída e chegada da segunda etapa da XIII Volta Cicllista á Provincia da Coruña. A proba, que comezará hoxe mesmo en Vedra e rematará o domingo en Melide, pasará por doce municipios distintos. Participarán 16 equipos.

A primeira etapa da volta ciclista pasará polos concellos de Vedra, Teo, Boqueixón e Santiago para rematar de novo en Vedra. A segunda etapa, o sábado comezará en Touro, seguirá por Arzúa, O Pino e Oroso, volvendo ao municipio inicial. E por último, a ruta do domingo é: Melide, Boimorto, Arzúa, Toques, Sobrado  e Melide.Trátase dunha proba que puntúa a nivel estatal e que cada vez ten máis sona fóra de Galicia e incluso no estranxeiro. É ademais unha das máis lonxevas de España ao alcanzar este ano a XIII edición, das cales as últimas tres foron en anos consecutivos.

A etapa de mañán sábado, sete de xuño, comenzará en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, ás 14.00 horas. Os ciclistas percorrerán un total de 131 quilómetros e pasarán por localidades do Concello como Loxo, Remesquide ou Fao (Mourantón), ademáis de outros puntos de Arzúa, O Pino e Oroso. Esta etapa conta con duas subidas. Está previsto que remate ás 17.07 horas na capital do Concello de Touro.

6 de xuño de 2014 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.