publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober pon en marcha o plan municipal de emprego xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober vén de por en marcha o Plan Municipal de Emprego Xuvenil 2014, unha iniciativa pioneira na Comarca de Lemos para estimular o traballo entre os mozos e mozas da localidade. Os pasados días foron seleccionados os menores de 30 anos que formarán parte do Plan e cuxos traballos comezaron esta mesma semana.

O Concello de Sober contratou sete mozos e mozas -4 homes e 3 mulleres- que desenvolverán diferentes traballos durante os meses de verán. O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca que o Goberno local cumpre así co seu compromiso de artellar un plan que cree emprego xuvenil durante a época estival. Subliña ademais a inclusión dun capítulo especial nos Orzamentos municipais de 2014 para estimular a creación de emprego en Sober e darlle unha oportunidade no mercado laboral aos mozos e mozas que están estudando ou xa teñen rematada a súa formación e se atopan en situación de desemprego.

Os mozos e mozas seleccionados terán un contrato de entre dous e dous meses e medio e desenvolverán diferentes tarefas en horario de media xornada. Dous deles traballarán como como auxiliares de turismo, un como auxiliar de viticultura, 2 como auxiliares de axuda no fogar, 1 como auxiliar deportivo e 1 como peón de servizos.

Nos próximos días o Concello contratará ademais a 2 socorristas e persoal para unha brigada de incendios.

18 de xuño de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.