publicidade hoxe

Sober adxudica obras a cinco empresas locais por 121.500 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober vén de adxudicar diversas obras a cinco empresas locais. En concreto, coa axuda do GDR Ribeira Sacra, destinaranse 50.000 euros á humanización da Praza do lugar de O Rivas, adxudicada a Construcciones Couso de Gundivós, á humanización da Praza de Vilela, que acometerá Construcións Diego Mazorra de Sistín do Mato, e á humanización da Praza de Casares, que realizará Construcciones J.R. de Millán.

Con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2013 adxudicóuselle a Arbore e Xardín de Bolmente o acondicionamento e ordenación do entorno de Portizó, en Anllo, cun orzamento de 7.500 euros.

Tamén as actuacións do POS de 2013 e 2014 as construirá unha empresa local. Así, adxudicáronselle a Excavaciones Javier de Anllo as obras de abastecemento de auga a Bertonia, Castaxua e O Campo, incluídas no POS de 2013 por un importe de 32.000 euros. A mesma empresa realizará a segunda fase do saneamento de Millán, no marco do POS de 2014. A actuación conta cun orzamento de 32.000 euros.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña que o Concello cumpre así co seu compromiso de que as empresas locais realicen todas as obras “sempre que sexa legalmente posible”.

26 de xuño de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.