publicidade hoxe

Showcooking para comer o mar en Cabana e Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de BergantiñosMuxía
A-
A+

Os frutos do mar da Costa da Morte convértense en protagonistas das últimas fins de semana de xuño en seis municipios con litoral. O Grupo de Acción Costeira – GAC3 Costa da Morte programou un calendario de demostracións culinarias en vivo (showcookings) no marco da iniciativa turístico-gastronómica “Come o mar” denominadas “O espectáculo de cociñar o mar”. O ciclo comezou xa en Vimianzo e Carballo e continuará por Cabana, Muxía, Ponteceso e Caión.

Durante estes obradoiros poñeranse en valor varios produtos da Costa da Morte como son o peixe en salgadura e fresco, o berberecho, a ameixa, o congro seco e o calamar ou o pulpo, destacando as súas cualidades e presentándoos dunha forma innovadora e sorprendente no padal de veciños, turistas e visitantes.

CABANA    

Sábado, 21/06/2014 de 18.00 a 20.00h na Praza de Neaño e se o tempo non acompaña, levarase ao Local Social de Neaño.
Cociñeiro: Adrián Felípez    Produto a poñer en valor: berberecho.
Elaboración: “Berberecho lima&limón, mazá ácida e apio”.

MUXÍA    

Domingo, 22/06/2014 de 12.00 a 14.00h no Paseo da explanada e se chove, polideportivo ou baixo do edificio de servicios múltiples. Cociñeiro: Adrián Felípez    Produto a poñer en valor: congro seco.
Elaboración: “Croqueta de congro seco e pan de millo”.

19 de xuño de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.