publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rosalía Morlán presenta en Santiago o libro “O Castelo da Rocha Forte”

Rosalía Morlán na presentación de "O Castelo da Rocha Forte"

Rosalía Morlán na presentación de “O Castelo da Rocha Forte”

A escritora Rosalía Morlán ven de presentar esta tarde o seu libro “O Castelo da Rocha Forte”, no seo da asociación cultural compostelá que leva o mesmo nome, Asociación CulturalRocha Forte. A cita tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo.

Neste acto, ademais da autora, tamén estiveron presentes o Secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García así como importantes figuras da literatura galega, que tiveron como anfitrión de honra ó presidente da Asociación, Carlos Delgado. A organización correu a cargo de Luís Reimóndez.

O xornalista e escritor Xosé Luna, amigo da autora non quixo perderse á cita. Ó igual que o que é o máis recoñecido escritor en lingua galega de todos os tempos, Xosé Neira Vilas.

O acto fixo as veces tamén de homenaxe para a Asociación, que cumpre quince anos de vida. Para conmemoralos, os nenos que fixeron os debuxos que recolle este libro, leron unha serie de poemas de Rosalía Morlán.

Morlán, autora de obras como “A coitada lúa” ou “Estrelas de Azucre”, asegura disfrutar moito escribindo para os máis cativos, a pesares de que recoñece que a poesía é un xénero difícil. Para ela, o mundo infantil é moi esixente pero á vez, se es quen de enganchar ós nenos, resulta moi moi gratificante.

O encargado de animar o evento foi o cantautor Manoele de Felisa, que interpretou algún dos seus temas facendo as delicias dos presentes. Manoele ven de presentar recentemente o libro CD “Cantos de Lembranza”, no que pon música ós poemas e recordos máis profundos de Neira Vilas.

18 de xuño de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.