publicidade hoxe

Posta en marcha da programación de verán en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Cos escolares de vacacións moitas familias comezan un longo verán no que intentar conciliar a vida laboral e familiar e o concello de Vimianzo pretende botar unha man neste sentido programanco diferentes actividades de ocio e aprendizaxe para os nenos e nenas.

Obradoiros medievais na Semana do Asalto ao Castelo (30 de xuño ao 4 de xullo), durante todas as mañás na Casa da Cultura. Pequecampamento Vimiverán, a primeira semana de xullo, para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos e Campamento Vimiverán, a segunda semana, para idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, con actividades lñudicas, culturais e deportivas pola vila, incluíndo unha velada no pavillón para os máis maiores. O resto do mes poderán participar nos cursos de piragüismo, natación ou no campionato interparroquial de fútbol sala alevín e cadete. No mes de agosto, na semana das festas, volverán os obradoiros culturais á Casa da Cultura e nas festas patroais de Vimianzo tardes animadas con actuacións diversas na Praza do Concello. O 11 de agosto, festivo local, celebraremos o Día do neno, con xogos tradicionais e hinchables. E comom fin de actividades infantís, na que participan nenos e non tan nenos, a viaxe ao Aquapark de Cerceda o 20 de agosto. Os mozos e mozas de entre 13 e 17 anos gozarán do seu campamento de verán en Póvoa de Lanhoso, no veciño Portugal, entre os días 12 e 14 de agosto. Tres días de intensa actividade no Parque de Aventura Diverlanhoso eunha viaxe cultural para coñecer a fermosa cidade de Braga.

Pero tamén hai no verán de Vimianzo actividades para os maiores, comezando a adentrarnos na festa do Asalto ao Castelo coñecendo un pouco máis da fortaleza medieval a través dun libro que vén de editar Plan B Editora. Antoloxía Poética de Evaristo Martelo, que recolle a obra do último habitante da nosa fortaleza medieval, coñecida tamén como Torres do Martelo. Este libro presentarase o sábado 28 de xuño, ás 20.30 horas, no Castelo de Vimianzo. Durante todos os domingos de xullo e agosto, poderemos aprender un pouquiño máis da historia do castelo e dos seus moradores, coas dramatizacións a cargo da Compañía Os Quinquilláns en dúas sesións, ás 13 e ás 17 horas, agás do 6 de xullo que haberá unha soa sesión, post-Asalto, ás 12 horas. Pero o concello de Vimianzo ten un rico patrimonio que amosar a propios e visitantes e para iso se organizan todos os sábados do verán, a partir do día 12, rutas guiadas por diferentes puntos de interese patrimonial da nosa xeografía. Haberá rutas matinais, nocturnas, no solpor e rutas urbanas, que se darán a coñecer con anterioridade. A Sala de Exposicións Antón Mouzo non estará pechada no verán xa que unha vez rematada a exposición da escola de Arte, comezará o mes de agosto coa inauguración dunha exposición de escultura doutro artista vimiancés, o escultor de Calo Javier Lavandeira. E para pechar o mes de agosto, e a programación de verán, teremos o día 30 a XI Ruta BTT do concello de Vimianzo para maiores de 16 anos.

As persoas interesadas en participar en calquera das actividades do programa, poderán inscribirse na Casa da Cultura a partir do luns día 23 de xuño, tendo en conta que en moitas delas hai prazas limitadas.

20 de xuño de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.