publicidade hoxe

Ponteceso e Caión serán as últimas paradas do showcooking ‘Come o mar’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaPonteceso
A-
A+

Este fin de semana conclúen os showcookings do ciclo “O espectáculo de cociñar o mar” organizados polo Grupo de Acción Costeira – GAC 3 Costa da Morte no marco da iniciativa turístico-gastronómica “Come o mar” durante o mes de xuño. Os concellos de Ponteceso e da Laracha serán as últimas paradas deste ciclo que xa pasou por Vimianzo, Carballo, Cabana e Muxía. O obxectivo esta acción é poñer en valor os produtos pesqueiros e marisqueiros da Costa da Morte coa mesma esencia de sempre, pero cunha presentación innovadora que se realiza en directa durante os showcookings.

Mañá sábado 28 encenderemos os fogóns da cociña portátil commandada polo chef Adrián Felípez de 11.00 a 14.00 horas no Campo da Feira da Trabe (Ponteceso), coincidido co mercado. O produto a presentar será un molusco moi popular e coñecido, pero transformado nunha chamativa receita como que leva por nome “Ameixa, codias e iogur de chile”.

Ao día seguinte, domingo 29 e no mesmo horario de 12.00 a 14.00 horas, o escenario gastronómico de “O espectáculo de cociñar o mar” ocupará un lugar privilexiado na praza Eduardo Vila Fano de Caión (A Laracha). Neste caso, a delicatessen que se ofrecerá a visitantes, veciños e turistas será “Calamar e ‘pico de gallo’ con algas”. O pico de gallo é un tipo de salsa mexicana.

27 de xuño de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.