publicidade hoxe

Os veciños de Culleredo exhiben as súas creacións no xardín botánico do Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O xardín botánico do Burgo acolle durante todo o ano numerosas exposicións de todas as modalidades artísticas. O Concello de Culleredo busca cun amplo programa de actos que os mellores autores de ámbitos como a pintura, escultura ou fotografía acheguen as súas obras aos veciños.

Con todo, as obras que se poden hoxe ver no xardín botánico non teñen firmas de renome, pero si unha ilusión desmesurada. Son os propios veciños os protagonistas da exposición, exhibindo as creacións que realizaron durante todo o curso nas actividades municipais de cultura.

Manualidades, pinturas en óleo, debuxos ou confeccións son algúns dos elementos expostos desde o pasado venres no botánico. Pódese acceder á exposición de luns a venres, en horario de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas. Estará aberta até o 28 de xuño.

Algunhas das participantes xa se desprazaron até o botánico para ver a exposición. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a “enorme ilusión” que teñen por dar a coñecer o arduo traballo que seguiron en todo o curso.

18 de xuño de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.