publicidade hoxe

Os consumidores de Vimianzo descobren as claves para facer máis comprensible o recibo eléctrico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá mañá martes, 3 de xuño, unha xornada informativa en Vimianzo, en colaboración co Concello, para achegar aos consumidores e usuarios o programa Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis compresible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

No encontro, que se celebrará a partir das 17 horas na Casa da Cultura, na Braña, informarase sobre os cambios que se van producir, como a inclusión da modalidade do Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC) ou a nova TUR, e ofreceranse diferentes consellos para reducir o consumo e aforrar. Estes consellos achéganse aos consumidores a través do documento informativo “As claves da túa factura eléctrica”, dispoñible na web do Instituto Galego de Consumo, igc.xunta.es.

Os asistentes á xornada de mañá poderán consultar as súas dúbidas e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións.

2 de xuño de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.