publicidade hoxe

Os consumidores da Pobra e Boiro coñecen as claves para comprender o recibo eléctrico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalBoiro
A-
A+

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá mañá xoves, 5 de xuño, sesións informativas na Pobra do Caramiñal e en Boiro para achegar aos consumidores e usuarios o programa Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis compresible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

O primeiro dos encontros, en colaboración coa Asociación de Amas de casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, celebrarase a partir das 11 horas na rúa Fernández Varela, 47, baixo A, da Pobra. Xa pola tarde, a partir das 17 horas, desenvolverase unha nova sesión, en colaboración co Concello de Boiro, que terá lugar no Centro Social da localidade, na rúa Principal, 49.

Informarase aos asistentes sobre os cambios que se van producir, como a inclusión da modalidade do Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC) ou a nova TUR, e ofreceranse diferentes consellos para reducir o consumo e aforrar. Estes consellos achéganse aos consumidores a través do documento informativo “As claves da túa factura eléctrica”, dispoñible na web do Instituto Galego de Consumo, igc.xunta.es, e na web do Instituto Enerxético de Galicia, www.inega.es.

Os participantes poderán consultar as súas dúbidas e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións.

4 de xuño de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.